Skip links

Main navigation

«De Yonkis a atletas …E todo en menos de 20 anos!

Hace unos meses recibí una invitación para escribir un texto en un nuevo Fanzine gallego que iniciaba un amigo. «Nin pólvora nin magnolias» es el nombre. La idea era un texto sobre el skate en Galicia. Así a grandes rasgos estas fueron mis palabras:

Iván Maroño fai uns anos.

Amigxs, o título do artigo non é mais que un resumo do skateboard neste curto período de tempo. De ser considerados drogaditctos, maleantes, ladróns, makarras, kinkis… ata os nosos días, xa para alguns vistos coma atletas, (xusto fai uns meses, aprobouse que este “modo de vida” pasa a ser disciplina olímpica para o 2020 ).Imos ver esta evolución cos pes na nosa terra. Ben é certo que o lugar habitual dos patinadores nas ciudades eran as rúas e concretamente as prazas , convivindo con todo tipo de persoas, dende señorxs amargadxs, borrachxs, xente sen fogar, malotes de barrio… dando lugar a mil historias, boas e malas porsuposto. De aquí un pouco tamén esa asociación que no comezo citaba. En Galiza , no que a min respeta, esto sucadía na Praza Pontevedra en Coruña (antes de ser reformada) e na do Parlamento en Santiago . Vou facer un alto aquí para retomar una anécdota do 96 que ademáis está de actualidade: Unha desas tardes na praza Pontevedra, despois de pasar o día, Dito di de coña de ir o Agroskate de Guernika (mítico evento en Euskadi), ao que Cuco responde con firmeza que sí. Ata ahí todo en orden , pero o asunto era que iban nun vespino …. e tamén tiñan que voltar. Cando chegaron a Guernika recibíronnos coma heróes e non era para menos. Xusto agora, vinte anos despois, Dito acaba de voltar a facer o camiño en Vespino tamén, (non o Agroskate, senón a outro evento no mítico parque da Kantera , en Algorta,) pero co fin de recaudar fondos para un proxecto solidario. Este carácter “ underground” foi variando sobre todo a partir do cambio de século. Aproximadamente sobre o ano 2000, principalmente pola aparición e popularización do videoxogo “Tony Hawk”, o skate comezou a medrar exponencialmente en canto a practicantes e popularidade: O feito de levar unas Vans Old school deixou de ser un distintivo propio de punks, surfeiros e coma non, skaters, por poner un exemplo. As marcas de clazado especializadas no sector pegaron un “boom” e víanse tanto na rúa coma unas Nike de basket (que era o que triunfaba ata o momento). Voltando os espazos e relacionándoos con esta evolución, comezaron a aparecer skateparks (instalación específicas para monopatíns) en toda a península (menos en Euskadi, onde xa había polo menos una mini rampa en cada pobo). Eso sí, a calidade e deseño deixaba bastante que desexar dando lugar a aberracións , algúnhas todavía visibles estes días, como o mini skatepark da estación de buses de Carballo ou a mini rampa de Ribeira. O primeiro parque decente da comunidade e que ainda pervive poderíamos dicir que foi “O Castro” en Vigo, tamén Pontevedra e Lugo tiveron boas instalación cubertas (Mollabao e “la nave”) pero duraron poucos anos. En Ourense estaba “Os Remedios” en en Coruña Eirís e o vello bowl de “Katanga” (neste último ó estar nunha zona digamos, perigosa, era mellor non ir só ), e en Ferrol estaban un par de mini rampas de metal, así por citar algún máis. Mención especial merece o “karre” de Betanzos, nave que ia destinada a una superficie comercial e que permaneceu abandoada uns dez anos, nos cales patinadores e grafiteiros aproveitaron para construir, patinar e desfrutar a cuberto. Nesa nave chea de merda que se limpaba ao fondo ou o piso inferior (una visión que non esquecerei na vida, auga apozada de anos cuberta de basura coa mesma antiguidade …) houbo concertos, festas rave, sesión fotográficas de boda, indixentes vivindo por meses,grabacións de videoclips e ata un suicidio dos de quedarse colgado cunha corda polo pescozo…, pero sobre todo moito skate , ata que fai cinco anos, una construtora colleu por mán a nave e terminou a superficie comercial acabando tamén cun punto de reuníon único e que marcou a vida de moitos rapaces da comarca. Aparte de instalación, outra proba moi palpable da evolución desta disciplina é un evento de dimensións internacionais como é O Marisquiño de Vigo. Dende a primeira edición no citado parque do Castro, na que viñeran algúns patinadores de fora da comunidade, ata agora, que é una proba de tres días puntuable para a copa mundial con participantes de todo o mundo. Isto lévanos ó titulo do artigo, as Olimpiadas, o púnto máximo de crecemento que como vos imaxinaredes despois de este breve repaso histórico, ainda resulta difícil de asimilar para os que levamos máis de 15 anos sobre as catro rodas. O espírito inicial do skate sen axudas, buscándose a vida, pasando o día na rúa, sen competicións senón axuda e compañerismo, sen instalación, sen xuices… queda lonxe do ideal olímpico, sen falar do consumo de sustancias que agora non pasarían nin o control de dóping máis permisible! Poderíamos falar tamén de como as grandes marcas de calzado deportivo están arrasando a esas marcas de skate que viviron a época dourada fai uns poucos anos ou as marcas de bebidas enerxéticas que xa forman parte de todo evento skater, guste ou non… pero imos deixar aquí esta visión xeral. Preparádevos para ver máis monopatíns polas rúas, nos parques, nas camisetas, nos anuncios da tele, desfiles de moda (non é broma, xa se usa de complemento!)… nos vindeiros anos porque dende que aparecera ese surf de asfalto en California fai uns sesenta anos, a cousa non para de medrar. Javier Saavedra Vázquez Instagram:@fromoza